venres, 30 de xaneiro de 2015

Obradoiro no Museo Massó

O mércores 21 de xaneiro estivemos no Museo Massó participando nun obradoiro chamado Seguir o rumbo. A agulla de marear sobre diferentes instrumentos de orientación concretamente a brúxula. En primeiro lugar falamos dos diferentes obxectos empregados durante a historia e as técnicas empregadas polos navegantes antiguos para orientarse na mar.




A monitora falounos do sextante, octante e cuadrante, do astrolabio, a rosa dos ventos, a flor de lis...


Despois subimos ao museo onde estivemos a ver os diferentes aparellos que alí se conservan.


E a continuación puidemos poñernos na tarefa de facer unha brúxula:






Agora tocarános a nós poñernos á tarefa e construír a nosa propia brúxula.



Ningún comentario:

Publicar un comentario