No mes de marzo de 2015 Ceres recibiu, por primeira vez na súa historia, a chegada da sonda Dawn da axencia espacial estadounidense (NASA) para ver se hai auga xeada debaixo da súa superficie. Esta sonda foi botada ao espazo no 2007 e ao longo de dezaseis meses mandou imaxes á NASA, que axudarán ao estudo da súa orixe e evolución.
A sonda Dawn levou a tarefa de explorar o asteroide Vesta e o planeta anano Ceres, localizados no cinto de asteroides que hai entre Marte e Xúpiter. A Vesta estudouno entre o 2011 e o 2012.
|
Recreación artística de Dawn con Vesta e Ceres |
Vesta
é o segundo astro con máis masa do cinto de asteroides e o terceiro en tamaño,
cun diámetro principal duns 530 quilómetros. Vesta perdeu preto de 1 % da súa
masa por un impacto de hai case mil millóns de anos. Moitos anacos deste
impacto tamén chocaron coa Terra.
|
Imaxe completa do asteroide Vesta |
Ceres, o máis pequeno dos planetas ananos do Sistema Solar, foi descuberto no 1801 por Giuseppe Piazzi e considerouse primeiro un cometa, despois un planeta e un asteroide, ata que se rematou por catalogalo como planeta anano no 2006.
A sonda principiou o achegamento a Ceres en decembro do 2014 e estivo enviando á NASA imaxes nas que se ve un brillo dentro dun dos cráteres da superficie escura do planeta anano (estas imaxes son de febreiro e dunha distacia de 46.000 quilómetros. Ademais a Axencia Espacial Europea (ESA) atopou dentro deste cráter vapor de auga. Segundo a directora do Programa de Pequenos Corpos Espaciais, Carol Raymond, estes brillos son aínda un «misterio», e «non sabemos se poderían estar relacionados co vapor».
Segundo o investigador principal da misión de Dawn, Chris Russell, os brillos de Ceres poderían ter unha orixe volcánica.
Ceres, cun diámetro medio de 950 kilómetros, puido formarse máis tarde que Vesta e podería ser más frío no seu interior, asegún explica a NASA na súa web.
Outras probas científicas informan de que Vesta só conserva unha pequena cantidade de auga, pois formouse antes que Ceres, cando o material radiactivo era máis abundante e ía máis calor.
A NASA explica que Ceres podería acoller un manto groso de xeo e agachar un océano debaixo dese manto. Ademais quizais o 25% da súa masa planetaria podería ser auga.
Todos os datos enviados pola sonda van axudar á clase científica a compreder mellor como se formou o Sistema Solar.
|
Brillos misteriosos de Ceres a unha distancia de case 46000 km.
|
MITOLOXÍA:
VESTA é a deusa romana que personifica o lume sagrado, o lar e a cidade. Correspóndese coa Hestia grega, mais o seu culto semella ser anterior á chegada das vagas grega á península itálica. A súa imaxe nas vivendas dos mozos que ían aprender lonxe da súa cidade.
Foi unha deusa que rexeitou os achegamentos amorosos de Apolo ou Neptuno, e conseguiu que Xúpiter protexese a súa virxindade. As súas sacerdotisas que vixíaban o lume sagrado nos templos eran chamadas virxes vestais.
Vesta era a filla primoxénita de Cibeles e Saturno, por quen foi engulida e despois rescatada por Xúpiter. Era a irmá máis vella da primeira xeración das divindades olímpicas, e a solteira da segunda. Polo dereito de primoxenitura, era unha das doce deusas olímpicas principais
Nunca abandonou o lar, o Olimpo, e tampouco se enlea nas rifas e guerras de deuses ou mortais.
Represéntase cun longo vestido, moitas veces coa cabeza cuberta por un veo.
|
Vesta cunha patera e un cetro no reverso dun antoniniano (c.253 ) |
Era adorada antes das outras divindades en todas as festas, pois era a máis antiga e preciosa das deusas do Olimpo. Un xuramento feito no seu nome era o máis sagrado dos xuramentos. O seu animal sagrado era o asno.
CERES (da raíz protoindoeuropea *ker «medrar, crear»)é a deusa romana da agricultura, das colleitas e da fecundidade. Por iso, dela procede o nome dos “cereais”. Ceres era retratada na arte cun cetro, un cesto de flores e froitos e tinha unha coroa feita de espigas de trigo.O seu equivalente grega era Deméter.
No seu mito Ceres era filla de Saturno e Ops, nai de Proserpina (asimilada á Perséfone grega) despois de se unir con Xúpiter. Cando a súa filla foi raptada por Plutón (Hades) e levada aos Infernos.
|
Estatua romana da deusa Ceres atopada en Mérida |
Deméter, chea de anguria, púxose á buscala sen parar por todo o mundo ata que o Sol, lle di a verdade. Chea de dor, decide non volver ao ceo nin desenvolver as súas funcións divinas ata que non lle devolvan a filla. Trocouse nunha muller vella e marchou a Eleusis (a dezasete quilómetros de Atenas). Alí, encargouse de coidar ao segundo fillo do rei Céleo, chamado Demofonte ou Triptólemo, a quen lle encargou percorrer o mundo aprendéndolles ás persoas o cultivo do trigo. Como o desterro voluntario de Deméter volvía a terra erma e confundía a orde do mundo, Zeus decidiu que Hades devolvera a Perséfone. Pero a moza xa estaba xunguida a Hades. Zeus acordou que Deméter volvería ao Olimpo e Perséfone repartiría o seu tempo entre a súa nai e os Infernos, marcardo así o ciclo das estacións cando o comezo da primavera vén co intre no que Perséfone abandona o mundo subterráneo e ascende cara á luz cos primeiros anovos das leiras.
|
Deméter na busca de Perséfone de Evelyn de Morgan, 1906 |
Tamén Neptuno se namorou dela, e para fuxir del ela trocouse en egua. Entón o deus transformouse en cabalo, e desa unión naceu o cabalo Arión.
Como Ceres era tamén a patroa de Henna (Sicilia), pediulle a Xúpiter que Sicilia fose posta nos ceos. Así, pola súa forma triangular, pasou a ser a constelación Triangulum, («Sicilia» foi outro dos seus nomes antigos)
Dise que foi adoptada en Roma no 496 a.C. por causa dunha fame devastadora, cando os libros Sibilinos avisaran que había de ser aceptada a deusa grega Deméter, Proserpina (Perséfone) e Dionisio.
O planeta Ceres leva o nome desta deusa, e tamén o elemento químico Cerio.