luns, 2 de marzo de 2015

Visita ao Aquarium, Torre de Hércules e Planetario


O pasado xoves 26 de xaneiro foi un día moi intenso pero que pagou a pena. Xuntámonos todos os do grupo e fixemos a esperada visita á Torre de Hércules e aos Museos Coruñeses. 

A nosa primeira parada foi no Aquarium onde puidemos ver un documental moi interesante titulado Frozen, nel falábase do quentamento global e o desxeo dos casquetes polares. Interesantísimo!

Pero, xa que estabamos alí, puidemos pasar un bo rato observando peixes e mirando o resto do museo.





E mesmo aprendimos que non só os antigos navegantes se orientaban mediante os astros, moitas aves migratorias tamén fan bo uso do sol e as estrelas para este fin.


 A continuación fomos á Torre de Hércules onde nos tiñan preparada unha visita guiada sobre a edificación, o funcionamento dos faros e o xacemento arqueolóxico.





 Puidemos disfrutar das magníficas vistas e retratarnos para a posteridade.





De tarde tivemos unha sesión no Planetario onde puidemos ver unha interesante proxección sobre a historia da astronomía e unha simulación do ceo desa mesma noite coa observación das diferentes constelacións de inverno e os planetas Venus, Marte e Saturno. Ademáis aprendéronnos trucos para memorizar as constelacións e situarnos facilmente no firmamento.

Despois aproveitamos para argallar nos diferentes experimentos que se propoñen na Casa das Ciencias.









E ata aquí chegou o noso intensivo día científico coa astronomía coma eixe central. Vémonos!




Ningún comentario:

Publicar un comentario