xoves, 9 de abril de 2015

NESTE MES DE ABRIL DE 2015 PODEMOS OBSERVAR:


1.      O eclipse total de Lúa o día 4 só se pode ver pola noite dende Australia, Asía, Pacífico e América.

2.      OS PLANETAS:
Mercurio: A finais do mes (despois do 20), e comezos de Maio podemos velo á noitiña polo Oeste-Noroeste. O día 22 é o que brillará máis.
Venus: Vese alto nas dúas horas despois do luscofusco polo oeste-noroeste. É o astro que máis brillará no ceo.
Constelación de Aries na primera semana e en Tauro no resto do mes.
Marte: Verase tamén á tardiña no oeste-noroeste entre as outras estrelas do crepúsculo, pero máis baixo que Venus. Ao longo do mes sairá antes, e estará visible case á vez que Venus.
Constelación de Aries. O día 21 taparao a lúa. O día 22 estará á esquerda de Mercurio no seu maior brillo.
Xúpiter: É visible case toda a noite na Constelación de Cáncer. Aparecerá polo leste co comezo da noite e agacharase unha hora antes da mañanciña. Tamén se ve a ocultación e os eclipses parciais e totais entre as súas lúas.
Saturno: Verase tres horas despois de anoitecer polo leste-sueste e quedará toda a noite mirando ao sur na constelación de Escorpión. Asegún anda o mes de abril, irá saíndo antes.
Urano: Só vai ser algo observable no amencer despois do día 20. É difícil velo porque se atopa na súa orbita máis afastada do Sol.
Neptuno: Será visible na última semana do mes moi baixo no horizonte sur-leste ao mencer. O día 15 estará a 3.20º sur da Lúa.
Plutón: O día 15 sitúase a 15.1º sur da Lúa.

3.      OUTROS ASTROS
Ceres será visible na constelación de Capricornio ao mencer. Ao longo do mes, este planeta enano irá andando cara o leste. O día 1 sae unha hora despois da medianoite, e despois irá saíndo antes ata que no día 30 sairá unha hora antes da medianoite.
O asteroide Vesta también é visible de madrugada este mes de abril. Está na  constelación de Acuario, e pasará cerca de Neptuno o 17. Para o día 30, sairá 2 horas 30 minutos tras a medianoite.

4.      EFEMÉRIDES ASTRONÓMICAS
Mércores 1 – Lúa en apoxeo.
Sábado 4 – Lúa chea / Eclipse total de Lúa
Domingo 5 - Conxunción aparente da Lúa e a estrela Spica(Alfa Virginis)
Luns 6 - Urano en conxunción na constelación de Piscis.
Mércores 8 - Conxunción aparente de Saturno e  a Lúa.
Sábado 11 - Conxunción aparente de Plutón e  a Lúa.
Domingo 12 - Lúa en cuarto menguante na constelación de Saxitario.
Mércores 15 - Conxunción aparente de Neptuno e a Lúa na constelación de Acuario.
Venres 17 – Lúa no perixeo, a 361.026 kilómetros do noso planeta, no punto da súa órbita máis achegado á Terra.
Sábado 18 – Lúa nova na constelación de Piscis.
Domingo 19 - Conxunción aparente de Marte e a Lúa na constelación de Aries.
Martes 21 - Conxunción aparente da Lúa e a estrela Aldebarán na constelación de Tauro.
Mércores 22 - Pico da chuvia de meteoros das Líridas (006 LYR)
Xoves 23 - Pico da chevia de meteoros das Pi Púppidas (PPU)
Sábado 25 – Lúa no cuarto crecente na constelación de Cáncer.
Domingo 26 - Conxunción aparente de Xúpiter e a Lúa na constelación de Cáncer.
Martes 28 - Conxunción aparente da Lúa e a estrela Regulus (Alfa Leonis) na constelación de Leo.
Mércores 29 – Lúa no apoxeo.

5.      LIGAZÓNS
http://www.elcielodelmes.com/observacion_mensual/observar_4n.php

http://www.astronomiaonline.com/2015/03/el-cielo-del-mes-abril-2015/

Ningún comentario:

Publicar un comentario